Segal e Ewing co Capitán Marvel

0
205

A Warner Bros. ven de contratar ao director de Get Smart, Peter Segal, e mais ao seu parceiro na Callahan Filmworks, Michael Ewing, para un trato cunha duración de tres anos.

Segal e Ewing poñerán en marcha o pacto con Liam McBain: International Tennis Star and Proper English Geezer, un guión escrito por Chip Hall que Segal deberá desenvolver nun filme que trata sobre o auxe, caída e redención dunha estrela inglesa do tenis fictícia dos anos 80.

Como parte do trato, a WB tamén adquiriu o guión escrito por John August sobre o famoso persoaxe da DC Comics do Capitán Marvel. Segal dirixirá esta adaptación, na que en realidade xa leva dous anos de traballo xunto a Ewing na New Line, pero finalmente os dereitos sobre o persoaxe pasaron á Warner. O filme trata sobre o adolescente Billy Batson, capaz de se transformar nun pdoeroso super-heroe cando di en voz alta a palabra “Shazam!”.

Este trato chega mentres Segal prepára-se para dirixir unha secuela de Get Smart para a WB e mais a Village Roadshow Pictures. Ewing foi produtor do filme orixinal, xunto con Chuck Roven, Alex Gartner e Andrew Lazar, mentres que Segal foi produtor executivo.