Shyamalan anúncia a secuela de Unbreakable

0
177

Nun anúncio dado a coñecer na súa conta oficial de Twitter, o director M. Night Shyamalan desvelou que por fin, 17 anos despois, xa ten unha ideia para o seu seguinte proxecto, que levará por título Glass, e que ten data de estrea fixada para o 18 de xaneiro de 2019.

O filme será ao mesmo tempo unha continuación da película de 2000 Unbreakable e a deste ano Split, que están ambientadas no mesmo universo cinemático e vencelladas por médio dunha escena que aparece ao remate dos títulos de crédito desta última.

As parellas de actores protagonistas das dúas películas (Bruce Willis e Samuel L. Jackson por Unbreakable e James McAvoy e Anya Taylor-Joy por Split) repetirán os seus papéis de David Dunn, Mr. Glass, Kevin Crumb e Casey Cooke respectivamente.

Shyamalan non quixo entrar en detalles de como fará para unir aos catro persoaxes nunha soa narración. A Blumhouse Productions e mais a Universal tamén volverán para producir esta secuela.