O País de Lovecraft

968

O director de Get Out, Jordan Peele, será o produtor executivo de Lovecraft Country, unha nova série antolóxica de terror que xa recebiu o encargo da HBO para rodar o primeiro episódio.

Baseada na novela homónima de Matt Ruff, a história vai sobre Atticus Black, un veterán negro do Exército de 25 anos que se une á súa amiga Letitia e ao seu tío George nunha viaxe polos estados racistas do sul dos Estados Unidos nos anos 50 para atopar ao seu pai desaparecido.

O grupo non só debe sobrevivir e vencer o terror do racismo da América profunda da época, senón ademáis aos malignos pesadelos que semellan saídos dunha novela de H.P. Lovecraft.

O creador e showrunner de Underground, Misha Green, escribirá o guión e será o produtor executivo desta série, que ademais conta coa participación de J.J. Abrams e Ben Stephenson por médio da súa empresa produtora, a Bad Robot. Os outros produtores son a Monkeypaw Productions de Jordan Peele e mais a Warner Bros. Television.

A Universal está xa a desenvolver o vindeiro filme de Peele, un thriller social polo de agora sen título que el mesmo escribirá, dirixirá e producirá baseada nunha ideia orixinal súa.

Peele dixo á prensa que planea seguir fielmente o contido orixinal da novela, e que non lle gustan nin as franquías, nin os relanzamentos nin os remakes.