Un Charlie Chaplin de ciéncia-ficción

0
137

A produtora de debuxos animados FilmNation anunciou a súa primeira película de ciéncia-ficción: unha volta de rosca sobre o clásico de 1921 de Charles Chaplin The Kid.

O director de Rise of the Planet of the Apes Rupert Wyatt co-dirixirá o proxecto, que polo de agora ainda non ten título, xunto a Christian Volckman (Renaissance).

Boris Starling (Messiah) está a escribir o guión xunto a Volckman e Wyatt a partir dunha história inspirada polos persoaxes e mais os temas de The Kid.

O filme orixinal de 1921 era unha película muda protagonizada por Chaplin no seu clásico papel de Charlot o vagamundo, quen atopa un meniño abandoado e o cría. Anos despois, este neno (Jackie Coogan) convérte-se no seu compañeiro de delitos e chega a cruzar-se coa súa verdadeira nai.

Ainda que o anúncio da FilmNation non di ren específico sobre o argumento, os produtores indicaron que a nai e mais o neno serán sustituídos por un rapaz e mais un robot creado por el.

Marc Turtletaub, Peter Saraf, Clement Calvet, Jeremie Fajner, Lilian Eche e Christel Henon serán os produtores a través da compañía francesa de debuxos animados Superprod (Song of the Sea, 2014), a luxemburguesa Bidibul e mais o selo americano Big Beach (Little Miss Sunshine).

As tres compañías están xa a producir unha adaptación en debuxos animados doutro clásico, White Fang de Jack London. The Kid será desenvolvida coa axuda da família de Chaplin, que aínda posúe os dereitos sobre o filme orixinal.