Mace Windu terá a súa série de cómic

1111

O pasado 18 de maio o sítio Web oficial de Star Wars anunciou que a Marvel Comics vai-lle fornecer ao persoaxe de Samuel L. Jackson, o Mestre Jedi Mace Windu, unha mini-série de cómic de seu.

A série terá cinco partes e estará ambientada nos primeiros días das Guerras Clon, e narra como Mace lidera unha pequena unidade de cabaleiros Jedi nas liñas de combate.

Ao mesmo tempo debe reconciliar-se coa ideia de ser un gardián da paz, quen xunto aos seus compañeiros pacifistas da Orde dos Jedi, atópan-se de súpeto no novo papel de ser soldados e xeneráis ou de se perderen no médio da violéncia que hai ao seu redor.

Matt Owens está a escribir a série, que contará co debuxo de Denys Cowan, todo coa promesa de conter moita acción. Até o mes de agosto non-a veremos nos andéis das librarías.