A Netflix adaptará Hello America

0
79

A Netflix adquiriu os dereitos sobre a novela de ciéncia-ficción de 1981 Hello America, orixinal do autor de High-Rise, J.G. Ballard, e planea converte-la nunha longametraxe que producirá a Scott Free de Ridley Scott, Kevin Walsh e Michael Pruss.

Ambientada un século despois de que os Estados Unidos caíran nun colapso financeiro e foran abandoados polo povo, un grupo de pioneiros regresa ás ruínas do “Novo Mundo” nunha viaxe de redescobremento.

A viaxe a través dunha paisaxe desolada leva perigos a cada paso para a compañía, e culmina cun enfrontamento final contra un líder carismático que planea desencadear o seu arseal nuclear contra calquera que ameace o seu poder.