Bardem confirma que quere ser Frankenstein

0
90

A Universal continúa a construír o seu universo cinemático de monstros clásicos e despois da estrea deste verán de The Mummy comezará a produción doutros proxectos, entre os quese atopan Bride of Frankenstein, The Invisible Man e The Wolf Man.

Un dos proxectos dos que mais se falaba pero sen confirmación até agora era a nova versión de Frankenstein, na que estaba vencellado Javier Bardem para interpretar o papel do famoso monstro. O actor español concedeu por fin unha entrevista na que verificou que os rumores son certos: “Si, ben, hai conversas. E encantaría-me ser parte diso. Porque é algo emblemático… falando dun persoaxe emblemático! Xa teño a cabeza do tamaño exacto, iso seguro. Non van gastar unha chea de cartos en maquillaxe, seguro“.

Outros actores vencellados a estes proxectos son Johnny Depp coma o Home Invisíbel e Angelina Jolie coma a Moza de Frankenstein.