Romero leva os zombis ás carreiras

0
71

O lendário director de cinema de terror George A. Romero anunciou os seus plans para Road of the Dead, un novo filme de zombis cun escenário de carreiras de coches e que se porá á venda no vindeiro Fantasia International Film Festival de Montreal este vindeiro mes de xullo.

Romero co-escribiu o guión xunto a Matt Birman, quen será probábelmente o director do proxecto, ambientado nunha remota illa onde os prisioneiros zombis corren en coches nun moderno coliseo, todo para o entretemento dos espectadores humáns.

Disque a ideia está tomada da carreira de cuadrigas do filme Ben-Hur de 1959, pero polo de agora non hai mais detalles sobre o argumento do filme. Romero, Birman, Matt Manjourides e Justin Martell serán os produtores.

Birman conta con mais de 250 aparicións en películas coma dobre dende que comezou a súa carreira en 1979, e despois pasou a ser director da segunda unidade en Land of the Dead, A Perfect Getaway e Traitor e coordinador de sobres e director de segunda unidade en séries de televisión coma The Expanse, Hemlock Grove, Warehouse 13, Nikita e Taken.