O Vaticano critica a Harry Potter

817

O papa BieitoO Vaticano ven de publicar un artigo no xornal L’Osservatore Romano, onde afirman que Harry Potter é un modelo erróneo de heroe: “Harry Potter propón unha enganada e maliciosa imaxe do heroe, unha irrelixiosa, que é mesmo pior ca unha explícita proposición anti-relixiosa (…) Mália os diversos valores positivos que se poden atopar na história, na base desta história está a proposta da bruxería coma positiva, a violenta manipulación das cousas e as persoas grazas ao coñecemento do oculto, unha aventaxe duns poucos elixidos: o fin xustifica os médios, porque os coñecementos, os elixidos, os intelectuais saben como controlar os poderes escuros e convírtenos en bós“.

Estas críticas caen sobre mollado, porque xa en 2005 o Papa Bieto XVI afirmara que os libros de Harry Potter seducen aos xoves lectores de maneira subliminal e “distorsionan a cristiandade no alma” antes de que esta poida desenvolverse. No artigo do pasado día 14 o Vaticano non deixa de comparar á saga de Harry Potter (mala segundo eles) coa do Señor dos Aneis (boa segundo din), e salientan a catolicidade de J.R.R. Tolkien contra o perverso protestantismo de J.K. Rowling.