Tom Hardy será Venom

663

A Sony Pictures anunciou que o actor nominado ao Oscar Tom Hardy será o protagonista da súa vindeira película Venom.

O persoaxe, que apareceu por primeira vez nos cómics de Spiderman coma un traxe alieníxena que levaba posto Peter Parker, desvelou-se coma unha cristura independente que abandonou a Parker e acabou por se fusionar co fotógrafo Eddie Brock para se converter no antiheroe coñecido coma Venom.

Agárda-se que este filme, que foi anunciado en marzo, non teña relación coa nova entrega de Spiderman que protagonizará Tom Holland e que inaugurará unha nova fase na popular franquía. Scott Rosenberg (Pain & Gain) e Jeff Pinkner (The Amazing Spider-Man 2) están a escribir o guión mentres ca Ruben Fleischer (Zombieland) dirixirá a película, que de todos xeitos non comezará a se rodar coma moi cedo até finais de outono. A estrea será o 5 de outubro do ano que ven.