Snyder deixa a Liga da Xustiza

0
143

Por mor dunha série de tráxicos acontecementos familiares, Joss Whedon ven de se facer cargo de rematar o filme de Zack Snyder Justice League para a Warner Bros. Pictures.

Snyder abandoa o proxecto, actualmente en fase de post-produción, e todos os outros traballos que tiña pendentes, por mor do suicídio da súa filla  de 20 anos Autumn Snyder acontecido en marzo.

A súa morte mantívo-se en segredo mentres a película adiou-se durante dúas semanas para que os Snyder puideran afrontar estes terríbeis momentos. A muller de Snyder, Deborah Snyder, que é produtora en Justice League, vai-se tomar asemade un descanso nas súas ocupacións para poder estar coa súa família. Nunha entrevista, Zack Snyder dixo:

Na miña mente, coidei que sería algo catárquico regresar ao traballo, enterrar-me nel e ver se este era o xeito de pasar o momento. As demandas deste choio son moi intensas. Consumen todo o tempo dispoñíbel. E nos dous últimos meses, decatei-me de que… decedín dar un paso atrás do filme para estar coa miña família, estar cos meus rapaces, quen realmente me necesitan. Están a pasar todos un momento moi difícil. Eu estou a apasar un momento moi difícil“.

Os estudos ofreceron a posibilidade de adiar a estrea do filme, pero os Snyder decediron non aceptar a suxeréncia. A Warners tamén estendeu o contrato ao director para lle dar tempo a traballar noutros proxectos cando regrese.

Após dunha primeira exhibición de proba que non saiu moi ben, Snyder trouxera a Whedon a bordo para que escribira algunhas escenas adicionais. Pero cando Snyder se preparaba para rodar esas escenas en Inglaterra, decatou-se de que tiña que ficar na casa. Whedon encargará-se agora da película en post-produción e da rodaxe das escenas adicionais, as mesmas que Snyder xa decedira rodar.

A longametraxe continúa a ser sobre todo un proxecto de Snyder, quen xa anticipa que algúns fans poden desacougar polos resultados de traer a Whedon: “Quero que a película sexa fantástica e eu son un fan, pero todo iso palidece en comparación. Sei que os fans van desacougar pola película pero hai outros sete rapaces que me necesitan. Ao final, é só unha película. É unha grande película, pero é só unha película“.