A estrela de Spider-Man Homecoming, Tom Holland, vai-se facer cargo doutra franquía na Sony Pictures porque ven de ser contratado para protagonizar o vindeiro filme Uncharted no papel de Nathan Drake.
Baseado na série de videoxogos da Naughty Dog, o proxecto está a ser reescrito e servirá coma precuela das aventuras cheas de acción e caza de tesouros que os fans da saga xa coñecen, pero que contan cun protagonista adulto, ou en todo caso mais vello ca Holland.
O novo guión inspirará-se no terceiro e cuarto xogos da série, que contén escenas nas que hai unha versión mais nova do persoaxe. Especificamente, a longametraxe conterá elementos da terceira parte cando Drake atopa por primeira vez ao falcatruán profesional Sullivan.
Joe Carnahan, David Guggenheim e Eric Warren Singer escribiron as versións anteriores do guión, pero agora mesmo está-se a considerar a posibilidade de contratar a un novo guionista que se faga cargo da história.
Charles Roven, Avi Arad, Alex Gartner e Ari Arad serán os produtores.