A TNT e mais o presidente da TBS, Kevin Reilly, confirmaron que a proposta de relanzamento da franquía de Tales from the Crypt polo director M. Night Shyamalan xa non se vai realizar.
Reilly dixo que o remate dos plans para devolver á pequena pantalla a famosa série antolóxica de terror foi debido ao complicado dos dereitos de propiedade sobre o programa e mais o seu protagonista, o Gardián da Cripta. Nunha entrevista, afirmou que “ficamos atrapados nun completo barullo legal lamentábelmente cunha estrutura de dereitos moi complexa. Perdimos moito tempo, así que dixen ‘Mira non vou agardar catro anos por esta cousa’. Se cadra volverá por aquí, pero mentres tanto Ridley Scott chegou antes, e el ten moito entusiasmo creativo“.
A referéncia a Ridley Scott é por mor dun bloco de programación de ciéncia-ficción que a canle quere pór en antena en 2018 con Scott coma responsábel e que ocupará o espazo que xa non vai ocupar Tales from the Crypt.