A Freeform ven de lle dar luz verde á produción dun episódio piloto para facer un remake americano da série de superheroes inglesa Misfits, con Diane Ruggiero-Wright (iZombie, Veronica Mars) coma showrunner.
O proxecto vai sobre un grupo de rapaces conflitivos, xoves delincuentes que están a cumprir un programa de servizo comunitário, pero que adquiren superpoderes por mor dunha misteriosa treboada eléctrica.
Ashleigh Lathrop, Tre Hall, Jake Cannavale e Allie MacDonald serán os protagonistas do remake, que contará coa produción executiva de Howard Overman, Josh Schwartz e Stephanie Savage.