A Sony Pictures Home Entertainment anunciou o seu controvertido plan de “Versións Limpas”, unha nova iniciativa de vídeo baixo demanda na que os espectadores verán versións censuradas das películas da Sony, “libres” de contido para adultos.
A Sony fará estas versións “para grandes audiéncias” e as porá á disposición dos espectadores sen custo adicional coma “extra” incluído na versión orixinal das películas do seu programa.
As plataformas que xa aceptaron emitir estas versións censuradas son VUDU, a FandangoNOW e por suposto Apple, coa iTunes.
Entre os títulos que serán censurados e aptos para este tipo de público “familiar” estarán Crouching Tiger Hidden Dragon, Elysium, Ghostbusters, Ghostbusters II, Goosebumps, Hancock, Inferno, Pixels, Spider-Man, Spider-Man 2, Spider-Man 3, The Amazing Spider-Man e The Amazing Spider-Man 2, así coma diversas comédias e filmes dramáticos de éxito.
Ao longo dos últimos anos algúns servizos de vídeo baixo demanda con clientes relixiosos esixiran ás grandes produtoras rodar películas aptas para os seus clientes mais fanáticos, ou alomenos censurar as películas que consideren que teñan “contidos obxectábeis“: violéncia, sexo e palabrotas. Algunhas desas plataformas decediran non agardar e censurar elas mesmas as películas, o que suscitou óbvios problemas de infracción dos dereitos de autor.
Os estudos mais salientábeis de Hollywood negáran-se até agora a aceptar este paso, pero a Sony é a primeira en se poñer da beira dos censuradores.