Godzilla vs. Kong xa ten director

912

O director de You’re Next e The Guest, Adam Wingard, será o máximo responsábel de Godzilla vs. Kong, o vindeiro grande proxecto da Legendary Entertainment e mais a Warner Bros. Pictures.

En marzo, a Legendary contratara a unha série de guionistas para que escribiran o libreto deste filme. Entre os contratados figuraban nomes tan salientábeis coma os de Terry Rossio (Pirates of the Caribbean), T.S. Nowlin (The Maze Runner), J. Michael Straczynski (Sense8), Patrick McKay e J.D. Payne (Star Trek Beyond), Jack Paglen (Transcendence), Lindsey Beer (The Kingkiller Chronicle) e Cat Vasko.

O filme é o cuarto dunha série que comezou en 2014 co relanzamento de Godzilla a cargo de Garth Edwards, continuou este mesmo ano co Kong: Skull Island de Jordan Vogt-Roberts e seguirá en 2019 con Godzilla: King of the Monsters a cargo de Michael Dougherty.

Godzilla vs. Kong ten prevista a estrea para o 22 de maio de 2020.