O Home Sombra proxécta-se no cinema

0
54

Reginald Hudlin (Marshall) será o director de Shadowman, unha adaptación ao cinema do cómic sobrenatural do mesmo título que publica a editorial independente Valiant Entertainment.

A história vai sobre un músico afroamericán en New Orleans que é infectado por un espírito que lle fornece de habilidades sobrenaturáis. O músico descubre que el é a mais recente encarnación do Home Sombra (Shadowman), un defensor místico da Terra contra os invasores demoníacos.

Dotado cos seus novos poderes, deberá protexer ao planeta contra as ameazas do Mestre Darque e doutros maléficos habitantes do Alén, un lugar coñecido coma o Deadside (a Beira Morta).

A franquía xa foi versionada noutros médios, concretamente nos videoxogos da man de Acclaim Entertainment, e en 1999 o rapeiro Ice Cube tentou leva-la ao cinema, pero a Acclaim declinou a oferta.

Hudlin e mais o showrunner de Salem, Adam Simon, están a escribir un novo proxecto de guión no que xa traballou anteriormente o produtor de Sense8 J. Michael Straczynski. Hudlin e Simon traballarán conxuntamente na história revisada e Straczynski ficará a bordo do proxecto coma produtor executivo.

Dinesh Shamdasani, Sean Daniel e Jason Brown serán os produtores.