Ron Howard, novo director de Han Solo

0
56

Nun abraiante xiro dos acontecementos, os directores Phil Lord e Chris Miller abandoaron o pasado día 20 o proxecto do filme aínda sen título de Han Solo e que se atopa actualmente en produción. Nun comunicado conxunto, Kathleen Kennedy (presidenta da Lucasfilm) e mais os directores Lord e Miller declararon que a marcha produciu-se por mor de diferéncias creativas.

Mália o comunicado conxunto, algúns médios salientábeis coma Variety desvelaron que o proceso foi de todo menos amigábel e que a parella foi despedida após de meses de conflitos cos produtores sobre quen debe ter o control creativo. Mencionou-se que a parella de directores, que non son precisamente novatos, teñen un xeito coa improvisación que non gustou nada aos estudos.

Nombergantes, tan só tres días despois, Kennedy anunciou que outro dos grandes realizadores de Hollywood, Ron Howard, aceptou unir-se ao proxecto e que será o director do mesmo. A rodaxe reanudará-se asemade a partir do 10 de xullo.

A película vai sobre como o xoven Han (Alden Ehrenreich) convérte-se no contrabandista, ladrón e falcatruán a quen Luke Skywalker e Obi-Wan Kenobi atopan por primeira vez na infame cantina de Mos Eisley. O filme percorre a vida de Han Solo dende os 18 aos 24 anos, cando se fai co Falcón Milenário e atopa a Chewbacca.

A estrea está aínda prevista para o 25 de maio de 2018.