O dúo de Sherlock aníma-se con Drácula

0
109

A parella de produtores atrás do grande éxito de Sherlock, Mark Gatiss e Steven Moffat, volverá unir as súas forzas noutra adaptación dun clásico da literatura vitorián, neste caso Drácula.

O plan é seguir o modelo de Sherlock, con tres ou catro episódios de longa duración por tempada e xa comezaron a falar coa BBC para produci-lo e poñe-lo eh antena.

Polo de agora non está claro se a série estará ambientada nun mundo contemporáneo, pero iso non sería inesperado porque xa o fixeron con Sherlock, mentres que pola súa banda Moffat tamén fixo iso mesmo coa súa aclamada minisérie Jekyll, que levou ao Dr. Jekyll e a Mr. Hyde a un escenário actual.

Gatiss e Moffat escribiron conxuntamente tres episódios de Sherlock, entre os que se inclúe o final da cuarta tempada (e que se supón é o final da série) que foi emitido este ano. Ambos teñen traballado ademais moitas veces en capítulos de Doctor Who. Pola súa banda Gatiss apareceu coma protagonista nunha produción para o teatro de Dracula o ano pasado.

O persoaxe en si mesmo non leva moito tempo fóra das pantallas: nestes intres está na série Dracula que emite a NBC e protagoniza Jonathan Rhys Meyers, en 2015 apareceu no cinema en Dracula Untold e este mesmo ano vímo-lo na tempada final da série Penny Dreadful. Todo elo mentres agarda protagonizar o remake que lle prepara a Universal dentro do seu novo universo adicado aos monstros clásicos.