Demanda por Dick Tracy

0
238

O actor Warren Beatty ven de demandar á Tribune Co. polos dereitos para o cinema e mais a televisión de Dick Tracy. A intención do intérprete e director é evitar que a produtora se aprópie dos dereitos sobre o famoso persoaxe de cómic.

Beatty mercou os dereitos do persoaxe de cómic para a realización da película homónima, que recadou 160 millóns de dólares en 1990. No acordo orixinal entre Beatty e mais a Tribune, os dereitos revertirían a ésta última pasado “un certo periodo de tempo” sen que Beatty producira unha nova película ou série baseada no persoaxe. Así, en 2006 a Tribune enviou a Beatty unha notificación marcándo-lle un prazo de dous anos para alomenos escomezar a produción dalgún novo contido verbo de Dick Tracy.

Beatty afirma que o 8 de novembro comezou a preparar un especial sobre o persoaxe para a televisión e a súa demanda procura unha declaración establecendo que este proxecto de Beatty bloquea os dereitos da Tribune.