A Chicago Cinema Society anunciou o pasado xoves que descubriu unha cópia orixinal en 35mm e sen censurar de Suspiria, o clásico filme de terror de Dario Argento.
A cópia atopou-se no cuarto trasteiro dun cinema italián clausurado e, ainda que non foi proxectada dende alomenos 1978, está en tan boas condicións que percorrerá os Estados Unidos este verán nunha xira especial.
Segundo a CCS, a cópia está nunha excelente condición física sen danos salientábeis, cos cabezallos e mais os pes intactos, con á penas desteñido e sen “síndrome do vinagre”. A Sociedade afirmou que unha vez que teñan a cópia nos seus arquivos, farán unha inspección moi coidadosa para determinar que versión de Suspiria é. A cópia en todo caso compon-se de seis rolos cun total 98 minutos de duración, no seu orixinal italiano.
Polo de agora xa están ao dispór dos afeccionados moitos curtes na súa canle de Youtube. O descubrimento chega xusto antes da estrea do remake que dirixiu Luca Guadagnino e que protagonizan Tilda Swinton, Dakota Johnson e Chloe Grace Moretz.