A choiva: o post-apocalipse danés

0
134

A Netflix ven de anunciar que comeza a produción da série The Rain xunto cos seus parceiros da Miso Film. Esta será a primeira série danesa orixinal da Netflix, que foi creada e escrita por Jannik Tai Mosholt (Borgen).

Ambientada seis anos após de que unha devastadora catástrofe medioambiental acabara con case toda a povoación humana en Escandinávia, dous irmáns únen-se a un grupo de xoves superviventes nunha expedición para descubrir se alguén comezou un novo mundo nalgún outro lugar.

Ceibes das regras da sociedade civilizada, cadaún dos membros do grupo terá a liberdade de seren quen queiran ser, pero todos loitarán contra si mesmos: “Interésa-me averiguar o que os humáns farían se chega o día no que desaparece a civilización tal e coma a coñecemos“, dixo Tai Mosholt.

Mikkel Boe Følsggard, Alba August, Lucas Lynggaard Tønnesen e Lars Simonsen lideran o reparto.

Mosholt será o showrunner xunto a Christian Potalivo (The New Tenants). Jonas Allen e Peter Bose son os produtores executivos desta série rodada en Dinamarca e Suécia e que ten prevista a estrea para 2018.