Os Nightflyers de George R.R. Martin na tele

0
52

Após de anunciar que estaba en desenvolvemento no pasado mes de maio, a canle Syfy ven de encargar a produción dun episódio piloto baseado en Nightflyers, a novela curta publicada en 1980 polo autor de Game of Thrones George R. R. Martin.

No proxecto, unha tripulación de exploradores viaxa na nave mais avanzada da galáxia, o Nightflyer, para interceptar unha misteriosa nave alieníxena que podería ter a resposta á supervivéncia da Terra. Pero cando a tripulación se achega ao seu destino, descobren que a intelixéncia artificial da nave e mais o seu capitán (a quen nunca viron) poderían estar a conduci-los a un mortal e inexplicábel pesadelo de horrores agocho no mais profundo do espazo.

Jeff Buhler (The Midnight Meat Train) escribiu o guión e será o produtor executivo desta série na que o mesmo Martin non ten relación. Gene Klein, David Bartis e Doug Liman son os outros produtores executivos. A noveliña xa fora convertida nunha película dirixida por T.C. Blake (alcume de Robert Collector) en 1987.