A Skydance, David S. Goyer (Batman Begins, Da Vinci’s Demons) e mais Josh Friedman (War of the Worlds) van-se asociar para facer unha adaptación épica á pequena pantalla d’A Fundación, a clásica triloxía de ciéncia-ficción de Isaac Asimov.
Publicada orixinalmente coma unha série de contos na revista Astounding Magazine en 1942, Foundation é a complexa saga dos humáns espallados por diversos planetas pola galáxia e vivindo baixo o governo do Império Galáctico.
A acción vai sobre un psico-historiador que ten o poder de lér o futuro e prevé que a caída do Império é inminente, así que decide salvar o coñecemento da humanidade para que non desapareza.
Nos últimos anos fixéron-se moitos intentos por adaptar a triloxía e mesmo a HBO tivo un proxecto no que estaban vencellados Roland Emmerich e Jonathan Nolan. O principal problema seica é que os temas do material orixinal e mais os seus detalles xa foron explotados en parte pola franquía de Star Wars.