A Netflix fai-se coa Académia Umbrella

0
82

Após dun rumor a primeiros de mes suxerindo esa posibilidade, a Netflix confirmou oficialmente que emitirá un programa de dez episódios de The Umbrella Academy, unha série baseada nas populares novelas gráficas orixinais de Gerard Way e mais do brasileiro Gabriel Bá e publicadas pola Dark Horse Comics.

A Universal Cable Productions e mais a Dark Horse Entertainment producirán a série, que vai sobre unha família separada e disfuncional de superheroes, nun mundo ambientado en 1977 onde John F. Kennedy nunca foi asasinado.

Oito persoaxes – Monóculo, Spaceboy, Kraken, Rumor, Seance, Número Cinco, Horror e mais Violín Branco – traballarán xuntos para resolver a misteriosa morte de seu pai mentres tentan que as súas diferentes persoalidades e superpoderes non os separen ainda mais.

Jeremy Slater (The Exorcist) escribiu o episódio piloto e Steve Blackman (Fargo, Altered Carbon) será o produtor executivo e showrunner desta nova série.