Adéus a Martin Landau

938

O lendário actor de cinema e televisión Martin Landau morreu aos 80 anos por mor de complicacións non esperadas após dunha breve estanza no Centro Médico Ronald Reagan en Westwood, Los Angeles (Califórnia).

Landau comezou a traballar coma debuxante no xornal Daily News de New York, pero aos 22 anos deixou o posto para entrar no Actors Studio xunto a Steve McQueen e James Dean. Alí estudou baixo as ordes de Lee Strasberg e Elia Kazan para acabar por se converter en director executivo xunto a Mark Rydell e Sydney Pollack. Ademais, el mesmo foi profesor de talentos coma Jack Nicholson ou Anjelica Huston.

En 1957 fixo o seu debut en Broadway e dous anos despois apareceu no filme de Alfred Hitchcock North by Northwest. Após de vários papéis secundários en grandes producións (coma Cleopatra en 1963) tivo a súa grande oportunidade na televisión coa série Mission: Impossible onde coñeceu á súa muller Barbara Bain.

A mediados dos 70 protagonizou xunto á súa esposa Space: 1999 no papel do comandante John Koenig, o líder da Base Lunar Alpha. Mália o seu grande éxito entre os fans, a série nunca gozou de boas críticas e foi cancelada após de dúas tempadas.

Landau regresou ao cinema pola porta grande, da man de Francis Ford Coppola (Tucker: The Man and His Dream, 1988) e Woody Allen (Crimes and Misdemeanors, 1989) gañando un Globo de Ouro. En 1994 gañou o Oscar con Ed Wood da man de Tim Burton nun papel no que interpretaba a un moribundo Bela Lugosi.

Entre os moitos programas onde apareceu coma convidado están Columbo, The Outer Limits, The Twilight Zone, The Simpsons e Spider-Man.