Jodie Whittaker é a nova Doutora Who

0
63

A actriz inglesa de 35 anos Jodie Whittaker fíxo-se co papel da decimoterceira encarnación do Doutor Who na famosa série da BBC do mesmo nome. Whittaker será a primeira muller que se faga cargo do posto que até agora interpretaba Peter Capaldi (a quen aínda pdoeremos ver no especial de nadal deste ano).

Ao mesmo tempo que chega Whittaker, o showrunner Steven Moffat (Sherlock) abandoa a série. Moffat será sustituído polo creador de Camelot, Chris Chibnall, quen xa tiña experiéncia escribindo guións para Doctor Who, Torchwood e Life on Mars. Os primeiros episódios coa nova doutora non aparecerán na pantalla até o ano que ven ou primeiros de 2019.

Whittaker conta cunha ampla unha experiéncia de dez anos coma actriz en diversas obras inglesas na televisión, pero os fans do xénero fantástico a recoñecerán sobre todo polo seu papel no filme de culto de Joe Cornish Attack the Block.