Muschietti fará Locke & Key

0
120

Andy Muschietti, o director uruguaio responsábel da vindeira adaptación ao cinema do clásico IT de Stephen King, será o encargado de dirixir o episódio piloto de Locke & Key que producirá a Hulu.

Muschietti sustitúe asemade ao director de Sinister e Doctor Strange, o realizador Scott Derrickson, quen ía encargar-se non só do piloto senón de mais episódios desta versión do cómic de Joe Hill. Derrickson tivo que deixar o posto por mor de conflitos co seu outro proxecto, a adaptación de Snowpiercer para a canle TNT.

Locke & Key vai sobre tres irmáns que regresan á súa mansión familiar en Massachusetts despois da espantosa morte de seu pai. Unha vez alí, descobren chaves máxicas que lles garantes poderes especiais e que abren estrañas portas que cámbian aos que pasan a través delas.

Pero eles non son os únicos interesados neses misteriosos obxectos: unha forza sobrenatural está tamén a busca-los e quere abrir a mais terríbel porta de todas.

A Fox tentou adaptar a série en 2010 baixo a dirección de Mark Romanek, pero o intento non chegou a bó porto. Nesta nova versión, o produtor de Lost e Bates Motel, Carlton Cuse, é o showrunner.