Sarah Paulson entra en Glass

0
116

Sarah PaulsonA gañadora do Emmy Sarah Paulson (American Crime Story: The People vs. O.J. Simpson) unirá-se ao reparto do thriller de M. Night Shyamalan Glass, a vindeira secuela de Split e Unbreakable. No elenco de actores figuran xa James McAvoy, Anya Taylor-Joy, Bruce Willis e Samuel L. Jackson. O filme será producido pola Universal Pictures e polo de agora non se deron a coñecer mais detalles do seu argumento. A data de estrea será o 18 de xaneiro de 2019.