Disenchantment, o novo de Matt Groening

0
60

Seica nunca teremos un regreso da relembrada Futurama, que rematou cun bó final, pero a Netflix ven de contratar ao seu creador, Matt Groening, para que produza 20 episódios de Disenchantment, unha nova comédia fantástica de debuxos animados para adultos.

Ambientada no esborrallado reino medieval de Dreamland, a série narra as aventuras da xoven e bébeda princesa Bean (Abbi Jacobson), o seu compañeiro, o guerreiro elfo Elfo (Nat Faxon) e mais o seu demo persoal Luci (Eric Andre).

O trío atopará no seu camiño ogros, trasnos, harpías, trols, morsas e moitos humáns atoleirados. John DiMaggio, Billy West, Maurice LaMarche, Tress MacNeille, David Herman, Matt Berry, Jeny Batten, Rich Fulcher, Noel Fielding e Lucy Montgomery, entre outros, prestarán as súas voces para esta série.

Groening e Josh Weinstein serán os produtores executivos. Os vinte episódios dividirán-se en dúas tempadas de dez candasúa, coa primeira escomezando en 2018.