Fear Street de Stine serán tres películas

0
69

A 20th Century Fox e mais a Chernin Entertainment anunciaron os seus plans para facer tres filmes baseados na franquía de Fear Street orixinal do escritor R.L. Stine (creador asemade da série de Goosebumps).

Os libros de Fear Street, que levan vendidos mais de 80 millóns de exemplares, comezaron a se publicar en 1989 e a série principal leva xa 52 tomos, todos eles ambientados en Shadyside, nunha vila fictícia de Ohio. Están dirixidos a un público mais adulto do normal en Stine (adolescentes) e o seu contido é moito mais violento cá série de Goosebumps.

A directora de cinema de terror Leigh Janiak (Honeymoon) foi contratada para re-escribir os guións e para dirixir a triloxía de filmes todos á vez. O distribuidor tentará estrear ún ao mes cun modelo que até agora non se intentou nunca.

Janiak asemade encargará-se de supervisar a unha equipa de guionistas coa ideia de coordinar a escritura das histórias que teñen lugar en diferentes períodos de tempo.

O guionista e produtor televisivo Kyle Killen é o autor do primeiro guión que agora Janiak e Phil Graziadei adaptarán. Zak Olkewicz está a traballar no segundo guión e Silka Luisa no terceiro.

Deixar unha resposta