A Starz, compañía de cable filial da Lionsgate, está a desenvolver Ascendant, unha série dramática para a televisión baseada na franquía de Divergent, orixinal da novelista Veronica Roth e ambientada nun Chicago distópico e post-apocalíptico.
O proxecto conta cos guións de Adam Cozad (Tarzan), está dirixido por Lee Toland Krieger (The Age Of Adaline) e ambos traballan coma produtores executivos, despois de ficar sen traballo cando a Lionsgate decidiu non rodar a cuarta entrega de Divergent. Os plans orixinais eran que a terceira parte, Allegiant, que resultou ser un fracaso nos despachos de billetes, ía dividir-se en dúas entregas.
Pero a nova ideia é a de continuar a franquía na televisión cun telefilme e mais unha série spin-off. Os protagonistas dos filmes Shailene Woodley, Theo James e Ansel Elgort non regresarán para o novo proxecto.