Un guionista de Harry Potter en Star Wars

0
68

O prometedor guionista inglés Jack Thorne ven de ser contratado para re-escribir o guión do Episódio IX de Star Wars, orixinal de Colin Trevorrow.

Trevorrow e mais o seu parceiro Derek Connolly traballaran até agora no libreto da novena entrega da saga das galáxias, pero agora os produtores queren contar cunha ollada nova e mais fresca. Polo momento non se sabe até que punto queren reescribir o guión existente, se son só uns poucos cámbios ou se será totalmente distinto.

Daisy Ridley, John Boyega, Adam Driver e Oscar Isaac regresarán para protagonizar este filme, que ten previsto comezar a se rodar a primeiros de xaneiro, só unhas semanas despois da estrea mundial da oitava parte, Star Wars: The Last Jedi.

Thorne, quen comezou no mundo do guión das séries costumbristas inglesas Skins e Shameless, é coñecido polos fans sobre todo polo seu traballo na obra de teatro Harry Potter and the Cursed Child e ten previsto adaptar á televisión a obra de Philip Pullman His Dark Materials para a BBC.

No xénero fantástico creou a série sobrenatural The Fades, e recentemente anunciou-se que escribiría un episódio da série da Channel 4 Philip K. Dick’s Electric Dreams.

A estrea do Episódio IX de Star Wars está prevista para o 24 de maio de 2019.

Deixar unha resposta