O director catalán Jaume Collet-Serra (Orphan, The Shallows) semella que lle colleu totalmente o punto a Hollywood e será o encargado de dirixir Jungle Cruise, a adaptación ao cinema con actores reais da popular atracción do parque temático en Disneyland.
Dwayne Johnson lidera o reparto deste filme inspirado nunha atracción que leva aos participantes a unha viaxe a través das xunglas africanas e suramericanas, en contornos coma o Nilo, o Congo e mais o Amazonas.
J.D. Payne e Patrick McKay escribiron a versión mais recente do guión, que conta coa produción de Johnson, Beau Flynn, Dany Garcia, Hiram Garcia, John Davis e John Fox.
A rodaxe comezará en primavera e supón que Collet-Serra se afasta definitivamente da secuela de Suicide Squad, da que era un dos candidatos a dirixir.