Stretch Armstrong en debuxos animados

0
107

A empresa de xoguetes Hasbro anunciou un acordo coa Netflix para converter o seu clásico xoguete Stretch Armstrong nunha série de debuxos animados para nenos titulada Stretch Armstrong and the Flex Fighters.

Na série, o estudante de secundária Jake Armstrong e mais os seus dous millores amigos Nathan Park e Ricardo Perez fican expostos a un experimento químico que os transforma en extraños heroes.

Scott Menville, Steven Yeun, Ogie Banks, Felicia Day, Keith David e mais os veteráns de Star Trek Kate Mulgrew, Wil Wheaton e Walter Koenig xa confirmaron a súa participación no reparto de actores que emprestarán as súas voces aos persoaxes protagonistas. Victor Cook (Scooby-Doo! Mystery Incorporated) e mais o dúo atrás de Ultimate Spider-Man formado por Kevin Burke e Chris “Doc” Wyatt serán os produtores executivos.

O persoaxe apareceu orixinalemente en 1976 coma un boneco musculoso que podía estirar-se dende os seus orixinais 40 centímetros até un metro e médio. Polo de agora encargáron-se 26 episódios, que aparecerán na Netflix a finais deste ano.