A Urco Editora, a Fundación Vicente Risco, Auga Editora, Âncora Editora, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e mais A Fábrica de Vilanova convocaron conxuntamente o III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, un prémio literário que ten coma fin a de homenaxear ao escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández.
Continuador do gusto polo fantástico do seu pai Vicente Risco (Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, 1919), Antón Risco foi un profundo teorizador da literatura fantástica con obras coma Serpentáguila (1986), Literatura fantástica de lengua española (Teoría y aplicaciones), ou Viaxes á América Latina á procura de literatura fantástica (1987). Tamén cómpre salientar o seu labor de editor en Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). Asemade, foi prolífico escritor de novelas e relatos fantásticos, moitos deles aínda inéditos.
As bases completas están recollidas no blog da Urco Editora e dende o ano pasado poden participar autores en língua galega e portuguesa. O prémio, ademáis da publicación da obra, é de 3.000 euros.
O gañador dará-se a coñecer no mes de febreiro de 2018.