A Netflix chegou a un acordo para adquirir a Millarworld, a editora de cómics fundada por Mark Millar, creador de Kick-Ass, Kingsman, Chrononauts ou Jupiter’s Circle, segundo informou o xigante dos entretimento por Internet, que asemade pecha o seu primeiro acordo de compra dende que foi fundada en 1997.
A compra, a primeira realizada pola Netflix e da que polo momento non se deron a coñecer os detalles financeiros, permitirá á plataforma de entretimento utilizar aos persoaxes de Millarworld en películas, séries e programas. “Como creador e reinventor dalgúns dos mais memorábeis cómics e persoaxes da história recente, Mark é o mais próximo hoxendía a un moderno Stan Lee“, declarou o director de contidos da Netflix, Ted Sarandos.
“Esta é só a terceira vez na história que unha grande empresa de cómics é adquirida a este nivel“, apuntou pola súa banda Millar, quen dirixe a Millarworld xunto é súa esposa Lucy.