Rebecca Thomas (Stranger Things, Electrick Children) será a directora do thriller de acción e ciéncia-ficción Malignant, que conta coa produción de James Wan para a 20th Century Fox.
A história está baseada no cómic Malignant Man da editorial Boom! (propriedade de Wan) e narra as aventuras de Alex Gates, un pacente que está a morrer por mor dunha enfermidade terminal e está resignado ao seu destino, cando descobre que o seu tumor maligno é en realidade un misterioso parasito extra-terrestre.
Dotado agora de incríbeis superpoderes e cun novo propósito na vida, Gates deberá loitar contra un exército secreto que se agocha após dos velos da sociedade mentres vai descubrindo os seus próprios segredos.
Zak Olkewicz está a escribir o guión desta adaptación mentres ca Ross Richie, Adam Yoelin e Stephen Christy serán os produtores. Brad Peyton fora o director cuxo nome estivera vencellado ao proxecto até agora pero tivo que abandoa-lo por outra adaptación, neste caso a do videoxogo Rampage.