Dawn, a resurrección da raza humana

0
74

A aclamada cineasta Ava DuVernay unirá as súas forzas con Charles D. King e coa guionista e directora Victoria Mahoney para faceren unha adaptación á pequena pantalla da novela de ciéncia-ficción de 1987 Dawn, orixinal da gañadora dos prémios Nebula e Hugo Octavia E. Butler.

Mahoney escribirá o guión desta série, que vai sobre unha muller afroamericana que traballa con áliens co obxectivo de resucitar á raza humán 250 anos despois de que unha guerra nuclear acabara con ela. Uns áliens con face de tentáculos ofrécen-se a traballar coa protagonista, pero algúns dos humáns ainda sobreviventes non están dacordo coa ideia. O libro é o primeiro dunha triloxía titulada Lilith’s Brood.

King, DuVernay, Kim Roth, Poppy Hanks, Allen Bain, Gary Pearl, Thomas L. Carter e Teddy Smith serán os produtores executivos desta série que coproducirán Macro, Forward Movement, Oil & Cattle e Bainframe. É a primeira vez que unha obra de Butler é adaptada á televisión.