Chad Hartigan e a ciéncia-ficción romántica

0
135

O realizador Chad Hartigan (Morris from America) será o encargado de dirixir o filme romántico de ciéncia-ficción Departure para a Good Universe. O proxecto, que conta cun guión de Billy Ray (The Hunger Games), está inspirado no libro de Martin Caidin Ghosts of the Air.

A película vai sobre un home intelixente que no Miami de 1973 está a investigar como puido desparecer en pleno aire un Boeing 727 e logo reaparecer no mesmo sítio dez minutos despois. Mentres van acontecendo outras cousas igual de misteriosas cada vez con mais frecuéncia no aire, a investigación toma un cariz persoal cando a namorada do protagonista é unha das pasaxeiras dos avións afectados.

Ray e mais Jim Whitaker serán os produtores.