King Kong no Planeta dos Símios

0
116

A BOOM! Studios ven de anunciar os seus plans para lanzar unha minisérie de cómics que unirá por primeira vez os universos de King Kong e mais do Planeta dos Símios.

Ambientada na liña temporal dos filmes orixinais da saga Planet of the Apes que comezaron en 1968, a minisérie contará con seis números titulados Kong on the Planet of the Apes.

No cómic, o Dr. Zaius e mais o xeneral Ursus lideran un grupo de soldados á Zona Prohibida onde descobren a King Kong, vido a menos despois das súas últimas aventuras.

Os símios daquela viaxarán á Skull Island para descubrir a verdade sobre a aparición de Kong, pero a viaxe porá os seus destinos e mais as súas vidas en perigo. O argumento será unha continuación directa doutra série da mesma editorial, Kong of Skull Island, que durou 12 números.

Ryan Ferrier debuxará a saga xunto ao artista brasileiro Carlos Magno.