Novo remake de Nosferatu

905

A protagonista de The Witch Anya Taylor-Joy e mais o director Robert Eggers poderían volver traballar xuntos no remake para Studio 8 de Nosferatu, a clásica obra mestra do cinema mudo alemán que F.W. Murnau dirixiu en 1922.

A história vai sobre o vampiro Conde Orlok de Transilvánia, que quere mercar unha casa en Alemaña e namóra-se da muller do axente inmobiliário.

O filme de 1922 foi unha adaptación non oficial de Dracula de Bram Stoker, pero non conseguiron os dereitos de autor e tiveron que facer unha versión de seu, que quedou moito millor do agardado. En 1979 xa se fixo un remake a cargo de Werner Herzog e en 2000 o filme Shadow of the Vampire protagonizado por John Malkovich e Willem Dafoe serviu coma fictício e sinistro “making of”.

Jay Van Hoy e Lars Knudsen serán os produtores.