O Mundo Secreto chimpa á tele

0
125

A compañía de Johnny Depp, a Infinitum Nihil, asociará-se co produtor Gudrun Giddings para faceren conxuntamente The Secret World, unha série de televisión baseada no videoxogo de 2012 do mesmo nome.

A história vai sobre un grupo de axentes encubertos e da guerra que se está a librar entre várias sociedades secretas: os Illuminati, os Dragóns e os Templários. Todos eles loitan unha batalla contra seres sobrenaturais nunha aventura que abrangue o mundo enteiro e xunta mitos, lendas, teorías da conspiración e novas dos titulares da prensa.

James V. Hart (Hook, Crossbones), Jake Hart e mais a antiga showrunner de CSI: NY Pam Veasey escribirán a adaptación, da que a mesma Veasey será a produtora executiva e guionista principal. Depp, Giddings, Veasey, Christi Dembrowski e Sam Sarkar serán os produtores.