A Amazon adapta Galaxy Quest á tele

979

O guionista, actor e cómico Paul Scheer (The League) ven de ser contratado para escribir o guión da nova versión da série Galaxy Quest coa que a Amazon levará á televisión a  comédia de ciéncia-ficción de 1999 que á súa vez era unha paródia de Star Trek.

Tim Allen, Alan Rickman, Sigourney Weaver, Tony Shalhoub, Sam Rockwell, Daryl Mitchell e mais Enrico Colantoni foran os protagonistas desta clásica fita, na que facían o papel dun grupo de actores dunha popular série de televisión de ciéncia-ficción que fora cancelada, e que se ven obrigados a se reunir unha vez mais para salvar o planeta duns áliens que crén que o programa era real.

Scheer fai-se cargo de adaptar o libreto do guionista orixinal, Robert Gordon, quen tamén fixo o primeiro esbozo para a tele. Aquel proxecto foi cancelado despois da morte de Rickman e daquela dixéra-se que tanto Rockwell coma Allen, de entre os membros do reparto orixinal, estaban moi interesados en regresar. O mesmo Allen afirmou que a série ía realizar-se “dun xeito moi creativo. Está mais preto do que che podo dicir, pero non podo dicir mais ca iso“.

O acordo que tiña Allen coa canle ABC para realizar o programa Last Man Standing impedía-lle até agora participar, pero o programa foi cancelado. Mark Johnson será o produtor executivo da série.