A BBC prepara unha série cos Paxaros

0
110

O produtor da saga de Harry Potter no cinema David Heyman colaborará coa canle BBC nunha nova adaptación á pequena pantalla da novela de Daphne du Maurier de 1952 The Birds.

No lugar de facer un remake do clásico filme de Alfred Hitchcock do mesmo nome de 1963, a mini-série será unha adaptación moito mais fiel da história orixinal, que é moi diferente, mais sinistra e deprimente có filme e mesmo ten un tón mais apocalíptico có clásico filme de terror.

A história orixinal está ambientada nunha pequena vila da costa de Cornualles xusto despois do remate da Segunda Guerra Mundial, e vai sobre unha família que comeza a notar que os paxaros da súa zona se comportan dun xeito moi agresivo e estraño, despendendo das mareas. A rádio comeza a informar que o mesmo efecto está a se producir en toda Inglaterra e o pai da família protagonista cobre as portas e fiestras con táboas mentres os paxaros van asediando a casa silandeiros.

Da novela orixinal, o filme de Hitchcock só respectou a premisa principal dos paxaros que atacan e mais un par de escenas (a cheminea e a vítima á que lle sacan os ollos).

O autor teatral Conor McPherson, quen xa adaptou a novela para unha obra de teatro en 2015, encargará-se deste novo proxecto para a tele. En calquera caso cómpre suliñar que este non ten relación coa fita da Platinum Dunes que tentou facer-se hai uns dez anos e que nunca chegou arrincar mália os moitos intentos que se fixeron.