Rebecca Thomas atopa Vida Intelixente

0
102

A realizadora Rebecca Thomas (Electrick Children, Stranger Things) será a encargada de dirixir o filme de ciéncia-ficción Intelligent Life para a Amblin Entertainment, un traballo para o que até agora estaba vencellada Ava DuVernay. A actriz Lupita Nyong’o abandoa asemade o filme, tamén por mor de compromisos con outros proxectos.

A história vai sobre un empregado das Nacións Unidas que supervisa o espazo exterior e fai contacto cunha fermosa muller que resulta ser un álien.

Thomas deberá reescribir algunhas partes do guión, orixinal dos autores de Jurassic World Colin Trevorrow e Derek Connolly, quen escribiron a partir dun esbozo de Jay Roach.

Frank Marshall, Peter Saraf e Trevorrow serán os produtores. Este é o segundo proxecto de ciéncia-ficción que recibe Thomas, quen ademais ten pendente de comezar a traballar en Malignant para a 20th Century Fox.