O amor do Joker e Harley Quinn, no cinema

0
116

Os directores de Crazy Stupid Love e Focus Glenn Ficarra e John Requa están a negociar para escribir e dirixir un filme ainda sen título pero que terá coma protagonistas aos falcatruáns de Batman o Joker e mais Harley Quinn.

Ao contrário cós vindeiros filmes The Batman de Matt Reeves e o que contará as orixes do Joker de Todd Phillips, este proxecto si que será parte do universo oficial da DC. Jared Leto e Margot Robbie repetirán probábelmente os papéis que xa fixeran en Suicide Squad na história de amor entre criminosos con mais sona do mundo do cómic.

Os plans polo de agora para esta longametraxe son avanzar en canto os estudos fagan a secuela de Suicide Squad. A devandita secuela está xa case aprobada e están a buscar quen a dirixa, pero o novo filme tamén ten moitas papeletas para se facer realidade e todo depende de se poden volver contratar aos mesmos actores.