O director de Cube revivirá “Tremors”

1075

O director da clásica película de ciéncia-ficción Cube, o canadiano Vincenzo Natali, será o encargado do episódio piloto da série da Syfy que reviva a franquía de Tremors.

Kevin Bacon repetirá o seu papel de Valentine McKee, que fixo nos filmes dos anos 90 nunha secuela ambientada vintecinco anos despois de que os xigantescos vermes graboides case destruíran a vila de Perfection, Nevada.

Andrew Miller escribiu o guión e será ademais o showrunner desta secuela, na que o xa maior e agora alcoholizado Valentine deberá superar o seu complexo de heroe e salvar de verdade a sua vila.

O proxecto é o primeiro episódio piloto deste director, que ten unha ampla experiéncia na televisión coma demostran as súas aparicións en séries coma Westworld, American Gods, Luke Cage e The Strain.

Bacon, David Schiff e Jessica Rhoades serán os produtores executivos desta série que producen a Blumhouse TV e mais a Universal Cable Productions.