A Warner Bros. Pictures e mais a DC Comics están a planear un novo filme que explorará as orixes do superfalcatruán mais popular e maligno do universo Batman: o Joker.
A intención polo de agora é facer unha história que explique as orixes do persoaxe pero sen ser parte de ningunha otra história producida até agora. O proxecto será o primeiro dun novo selo que ainda non ten nome e que permitiría á Warners crear argumentos orixinais con persoaxes da DC, pero sen relación coas histórias principais.
Neste caso o que queren é facer un filme de crimes sinistro e descarnado, ambientado na Gotham City de princípios dos anos 80 e que non se asemelle a ningún outro filme da DC. Para este papel non contan con Jared Leto e buscan a un actor aínda mais novo. Leto de todas maneiras aparecerá coma o Joker en Suicide Squad 2 e Gotham City Sirens.
O director de The Hangover Todd Phillips e mais o guionista de 8 Mile Scott Silver encargarán-se conxuntamente de escribir o guión, que contará coa dirección de Phillips e a produción de Martin Scorsese. O proxecto en todo caso non conta polo de agora con datas de estrea nin de comezo da produción.