Adéus a Tobe Hooper

0
113

O director texano Tobe Hooper morreu o sábado en Sherman Oaks (Califórnia) aos 74 anos de idade. Polo de agora non se deron a coñecer as causas do pasamento, que en todo caso foron naturais.

A súa carreira comezou en 1969 co filme independente Eggshells, pero non foi até 1974 cando realmente triunfou grazas ao filme orixinal The Texas Chain Saw Massacre, considerado ún dos filmes de terror mais influintes de todos os tempos. Seguirían-lle Eaten Alive (1977) e The Funhouse (1981) e posteriormente, en 1982, dirixiu o seu segundo grande éxito, Poltergeist, baixo a produción de Steven Spielberg.

Ademais dos devanditos, outros traballos de Hooper inclúen a adaptación á pequena pantalla da novela de Stephen King Salem’s Lot (1979) que foi mais tarde re-editada para o cinema, a secuela de 1986 The Texas Chainsaw Massacre 2, e os filmes de terror de culto Lifeforce e Invaders from Mars, e xa mais recentemente as películas Djinn (2013) e Toolbox Murders (2004).

Para a televisión rodou vários episódios de séries clásicas coma Amazing Stories, Freddy’s Nightmares, Haunted Lives: True Ghost Stories, Tales from the Crypt ou Night Visions.